Carnota

Augas de galicia verifica a erradicación de tres puntos de vertido de augas residuais localizados noutros tantos concellos das comarcas da COSTA DA MORTE E MUROS e dous EN PORTO DO SON E RIBEIRA

Augas de Galicia vén de comprobar a eliminación dun punto de vertido localizado en Punta Fonforrón en Porto do Son e na praia de Coroso, en Ribeira. Así, a intervención dos técnicos do organismo de conca adscritos ao Plan de control de vertidos, permitiu que ambas administracións locais asumisen á actuación necesarias para redirixir as augas residuais, que causaban a contaminación.

No caso de Porto do Son, os aportes contaminantes proviñan dunha rede de sumidoiros municipal que carecía de depuración final, verténdose á ría de Muros e Noia a través dunha tubaxe de formigón que saía a unha zona de rochas. Para evitar a achega foi necesario executar un novo tramo de colector que permitiu interceptar e anular o foco contaminante, quedando a zona libre de vertidos.

En Ribeira, o vertido de augas residuais localizado na praia de Coroso, tiña a súa orixe nunha fisura na conexión entre o antigo e o novo colector da rede de saneamento que descorre pola zona, a través da cal se vertían augas residuais sen depurar cando o colector entraba en carga, escorrentando as augas polo citado areal ata acadar a ría de Arousa. Para poñer fin a esta achega foi necesario implantar unha nova condución que vai paralela ao areal da praia de Coroso, quedando anulada a fuga e o areal libre de vertidos.

Coa erradicación deste punto de vertido, danse por rematadas as actuacións que en materia de saneamento levou a cabo de Augas de Galicia nestes dous puntos destes dous concellos co fin de mellorar o saneamento das poboacións de litoral e mellorar a calidade das augas das rías galegas.
Augas de Galicia supervisou tamen a emenda de tres puntos de vertido de augas residuais localizados noutros tantos concellos situados nas comarcas da Costa da Morte e Muros (Carnota, Mazaricos e Ponteceso). A intervención dos inspectores adscritos ao Plan de control de vertidos permitiu eliminar tres conexións irregulares que tiñan como destino último o Dominio Público Hidráulico.

https://www.youtube.com/watch?v=vzsAQybKKoc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.