Hai dúas semanas comezou a desenvolverse a ruta “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar” pensada para enxalzar e poñer en valor o produto do mar nestas localidades e tamén en Ribeira. Esta fin de semana viviuse a segunda parada desta campaña patrocinada pola Consellería do Mar. Nela participou a directora xeral de Pesca, Patricia García, que non faltou á preparación que fixo o chef Nel Parada en Portosín.

