A lexislatura avanza e estase a piques de chegar á metade do camiño. Os gobernos locais están a facer balance do traballo desenvolvido ata o de agora, sinalando tamén proxectos nos que aínda se está a traballar. O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, precisa que no municipio sonense teñen sobre a mesa catro iniciativas moi importantes.

