18.7 C
Chicago
5 octubre, 2026
Image default

BELÉN DO CAMPO REIVINDICA DENDE PORTO DO SON A IMPORTANCIA DAS FP NA COMUNIDADE.

O IES de Porto do Son recibiu hoxe a visita da delegada da Xunta na Coruña para poñer en valor o Grao Medio en Guía do Medio Natural e Tempo Libre do que alí se imparten clases. Conta con case 40 alumnos entre o primeiro e o segundo curso, e agora veñen de solicitar o Grao Superior ante a alta demanda de matrículas.

As principais motivacións profesionais dos que cursan esta formación son exercer como profesionais de actividades de lecer e tempo Libre.

Algunhas das actividades máis relacionadas con TEGU son traballar en empresas do sector turístico e realizar labores de guía en actividades de sendeirismo, roteiros de baixa e media montaña, travesías, roteiros con neve, barrancos, espeleología, bicicleta e turismo ecuestre. Tamén poden exercer como socorristas en diferentes ámbitos.

Related posts

O ALCALDE DE PORTO DO SON FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DO VERÁN 2026

CloudyX

O MODELO DE TRANSFORMACIÓN AGROALIMENTARIA IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA SALTA FRONTEIRAS

CloudyX

O IES DE PORTO DO SON ENCARA A RECTA FINAL DAS OBRAS DE MELLORA DO SEU PAVILLÓN DEPORTIVO

CloudyX