Unha das datas marcadas no calendario en vermello é o 1 de maio. Non só por ser o día do traballador se non por ser tamén a xornada escollida polo Concello de Porto do Son para celebrar a súa Xuntanza de Confraternidade. A Festa dos Maiores vivirá a súa XXIII edición e xa está todo pechado para desfrutar dunha gran velada.

