O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, visitaron na tarde de onte Porto do Son. Unha parada obrigada foi na Confraría de Pescadores xa que é unha das 17 beneficiarias da liña de axudas bianual que lanza Mar para realizar accións formativas. Villares coñeceu de primeira man o desenvolvemento do curso que se está a dar de “Formación Básica e Seguridade Marítima”, a cuarta das cinco formacións subvencionadas polo Goberno galego previstas para este ano.

