Porto do Son ultima os preparativos para unha Semana Santa á volta da esquina. José Ortoño, o párroco de Noia e arcipreste de Posmarcos, foi o encargado de ler o pregón durante a presentación da programación. Unha programación na que abundan as actividades litúrxicas, que un ano máis vestirán de solemnidade as rúas sonenses.
O escollido este ano non é unha persoa ao azar. Ben valorado na comunidade eclesiástica, os seus compañeiros definen a Ortoño como un home de conciliación.