Durante a visita institucional da deputada de Plans, Cristina García Rey, ao Concello de Noia, subliñouse a importancia deste programa. Sinalan que nos últimos dez anos a institución provincial investiu máis cartos no municipio que a propia Xunta de Galicia a través dun sistema de repartición obxectivo.

