O sábado, 8 de marzo, conmemorouse o Día Internacional da Muller, e a comarca contou con diferentes actos para enxalzar a súa figura e berrar pola igualdade. Ribeira desenvolveu unha homenaxe ás mulleres limpadoras, unha reivindicación que o propio colectivo agradeceu e definiu de indispensable para dar visibilidade a todos os oficios.

