Hai meses xa que Azul de Portosín e Conservas Sotavento uniron forzas para sacar ao mercado produtos de calidade con materia prima sonense.
Agora, dende a confraría de Portosín agardan poder sacar á luz canto antes. O seu patrón maior, sen marcar prazos fixos, estima que en poucos meses se poidan atopar no mercado estes produtos.

