Este sábado a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, fixo unha parada dobre na comarca para entregar as súas correspondentes Bandeiras Verdes a Boiro e Porto do Son. A titular do departamento de Medio Ambiente estivo no estuario do río Coroño co equipo de Goberno de Boiro e parte da corporación municipal, lugar onde ondea este distintivo no municipio boirense por primeira vez.

