O venres foi un día de celebración en Porto do Son. O concello inaugurou o novo edificio que albergará o Club de Xubilados do municipio, un lugar de encontro e reunión para as persoas maiores. A sede está na dársena portuaria da fachada marítima e foi acondicionada ao abeiro do convenio asinado entre Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son no 2018. O alcalde sonense, Luis Oujo, interviu no acto de inauguración e afirmou que neste novo espazo os maiores poderán desfrutar de actividades.

