Unha das especies máis importantes para o cerco da comarca e de Galicia é o xurelo. Sen embargo dende hai case dous anos non se pode capturar este peixe azul na zona VIIIc. Debido a isto a actividade dos cerqueiros reduciuse polo que medio centenar de embarcacións solicitaron axudas por este paro biolóxico do xurelo, sen embargo só sete as recibiron.

