UN incendio queimou na mañá do sábado unha vivenda na fachada marítima de Porto do Son. Os seus catro habitantes foron atendidos por inhalación de fume, e un deles tivo que ser trasladado ao Hospital do Barbanza.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Boiro, que se encargaron das labores de extinción das lapas.

