Unha gran multitude de veciños de Aguiño presenciou como un ano máis se descubría o belén móbil. Este ano as principais novidades foron as figuras dun redeiro, dunha costureira e dun cagón.
No acto de presentación participou o alcalde de Ribeira, que salientou a labor dos membros da Unidade de Condutas Aditivas á hora de elaborar o belén.

