O Secadeiro é un dos restaurantes de moda en Outes. Á súa alta cociña e a calidade dos produtos súmaselles o distintivo Estrela Verde Michelín, obtido recentemente polo seu compromiso coa sustentabilidade.
Este establecemento conta con horta propia, coidada por Eva Guzmán e Fernando Rodríguez, donos e únicos traballadores en O Secadeiro. Por iso, acadar este premio dende Outes significa para eles poñer o concello no mapa.