30.7 C
Chicago
17 agosto, 2026
Image default

OS MAIORES DE OUTES DESFRUTARON DA SÚA REUNIÓN ANUAL POR TODO O ALTO

Máis de 600 persoas desfrutaron en Outes do anual Xantar de Confraternidade, un evento que cada ano congrega a centos de comensais e que non deixa de gaár adeptos.

Aínda que celebrada nunha data inusual pola obriga de adiala por mor do gromo de gastrointerite na vila, os asistentes acudiron coas mesmas ganas de pasalo ben que o resto de ocasións.

O menú estivo composto de tres pratos ben coñecidos en Galicia, empanada, polbo á feira e carne ao caldeiro, unha elección que causou furor entre os comensais. Entre bocado e bocado, os asistentes intercambiaron vivencias, anécdotas e recordos nun día de reencontros para ver a quenes non se pode visitar ao longo do ano, o que fixo cumprir ao cen por cen o obxectivo do concello de Outes.

Unha vez rematado o xantar, deuse paso á música, a cargo de Aires de Broña, que alargou a festa ata ben entrada a tarde. Xa coa celebración rematada, entre os asistentes resonou a mesma opinión, volver o ano que vén.

Related posts

A XUNTA REIVINDICA OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO PARA CREAR OPORTUNIDADES LABORAIS

CloudyX

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL COÑECEU EN OUTES O AVANCE DAS OBRAS DA NOVA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CloudyX

OUTES HONROU AO SAN CRISTOVO CUNHA PROCESIÓN CHEA DE VEHÍCULOS

CloudyX