15 noviembre, 2026
Image default

OS MAIORES DE OUTES DESFRUTARON DA SÚA REUNIÓN ANUAL POR TODO O ALTO

Máis de 600 persoas desfrutaron en Outes do anual Xantar de Confraternidade, un evento que cada ano congrega a centos de comensais e que non deixa de gaár adeptos.

Aínda que celebrada nunha data inusual pola obriga de adiala por mor do gromo de gastrointerite na vila, os asistentes acudiron coas mesmas ganas de pasalo ben que o resto de ocasións.

O menú estivo composto de tres pratos ben coñecidos en Galicia, empanada, polbo á feira e carne ao caldeiro, unha elección que causou furor entre os comensais. Entre bocado e bocado, os asistentes intercambiaron vivencias, anécdotas e recordos nun día de reencontros para ver a quenes non se pode visitar ao longo do ano, o que fixo cumprir ao cen por cen o obxectivo do concello de Outes.

Unha vez rematado o xantar, deuse paso á música, a cargo de Aires de Broña, que alargou a festa ata ben entrada a tarde. Xa coa celebración rematada, entre os asistentes resonou a mesma opinión, volver o ano que vén.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX