30.7 C
Chicago
17 agosto, 2026
Image default

UN HOME DE OUTES CUADRIPLICA A TAXA DE ALCOLEMIA MENTRES CONDUCÍA SEN CARNET

Cuadriplicando a taxa máxima de alcolemia e sen permiso de conducir por unha sentenza xudicial. Así detivo a Garda Civil a un veciño de Outes de 70 anos.

Os feitos ocorreron o mércores 20 de novembro cando un grupo especializado en vixiancia de usuarios de risco detivo ao condutor. Durante a intervención, comprobouse que o suxeito incumpría unha prohibición xudicial que o inhabilitaba de conducir, imposta logo dun delito previo contra a seguridade viaria.

Ao realizarlle as probas de alcolemia, amosaou unha taxa superior a 0,60 mg por litro, o que supón un novo delito contra aseguridade viaria.

O investigado enfróntase agora a penas que poderían incluír prisión de tres a seis meses, multa de doce a vintecatro meses ou a realización de traballos en beneficio da comunidade durante un periodo de trinteun a noventa días.

Related posts

A XUNTA REIVINDICA OS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO PARA CREAR OPORTUNIDADES LABORAIS

CloudyX

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL COÑECEU EN OUTES O AVANCE DAS OBRAS DA NOVA RESIDENCIA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CloudyX

OUTES HONROU AO SAN CRISTOVO CUNHA PROCESIÓN CHEA DE VEHÍCULOS

CloudyX