12.8 C
Chicago
25 octubre, 2026
Image default

O ENCONTRO ENTRE EQUIPOS DO BARBANZA NA SEGUNDA FUTGAL REMATA CON VITORIA DO ATLETICO OLEIROS SOBRE O SPORTING LAMPÓN

Atlético Oleiros e Sporting Lampón firmaron un espéctaculo de goles no campo da Trinidade. Un 3 a 2 siveru aos locais para subir postos na clasificación, ao tempo que privou aos de Escarabote de acceder ao primeiro posto.

Só pasaran 12 minutos e os de Oleiros xa se adiantaran no marcador, cun gol obra de Adrián González. Non tardarían moito en aumentar a diferencia, e outra vez o dianteiro local anotaba o 2 a 0 no 34. A réplica do Sporting Lampón tardou só tres minutos, e por medio de Kevin Lojo recortaron distancias.

Foron a vestiarios co 2 a 1 mometáneo, pero a acción goleadora non rematou no primeiro tempo. Con menos de dez minutos xogados da segunda parte, Adrián González firmaba un hat trick para sentenciar o partido. Aínda así non estaba todo dito, xa que a falta dun minuto para o final do tempo regulamentario, de novo Kevin Lojo anotaba un gol para intentar empatar o partido. A pesar do esforzo do Sporting Lampón de anotar o terceiro, nada puideron facer no tempo de desconto, vendo como encaixaban a segunda derrota do curso.

Na seguinte xornada terán oportunidade de asaltar o liderado da liga. Enfrontaranse no campo da Mina en Escarabote ao Luaña, primeiro clasificado, no que semella será un partido máis que duro.

Pola súa parte, o Atlético Oleiros desprazarase ata Negreira para medirse ao Agrón, segundo clasificado con só dous puntos de vantaxe sobre eles.

Related posts

TRAS O PARÓN DE SELECCIÓNS, VOLVE A COMPETICIÓN Á PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA

CloudyX

O CD BOIRO RECIBE AO GRAN PEÑA EN BARRAÑA CO OBXECTIVO DE SUMAR A VITORIA E CONSOLIDAR O SEU LIDERADO

CloudyX

ABRE A INSCRICIÓN PARA A CLÁSICA CARREIRA SIN-SON 10K QUE CONECTARÁ PORTOSÍN E PORTO DO SON O 20 DE DECEMBRO

CloudyX