16.9 C
Chicago
8 octubre, 2026
Image default

O ENCONTRO ENTRE EQUIPOS DO BARBANZA NA SEGUNDA FUTGAL REMATA CON VITORIA DO ATLETICO OLEIROS SOBRE O SPORTING LAMPÓN

Atlético Oleiros e Sporting Lampón firmaron un espéctaculo de goles no campo da Trinidade. Un 3 a 2 siveru aos locais para subir postos na clasificación, ao tempo que privou aos de Escarabote de acceder ao primeiro posto.

Só pasaran 12 minutos e os de Oleiros xa se adiantaran no marcador, cun gol obra de Adrián González. Non tardarían moito en aumentar a diferencia, e outra vez o dianteiro local anotaba o 2 a 0 no 34. A réplica do Sporting Lampón tardou só tres minutos, e por medio de Kevin Lojo recortaron distancias.

Foron a vestiarios co 2 a 1 mometáneo, pero a acción goleadora non rematou no primeiro tempo. Con menos de dez minutos xogados da segunda parte, Adrián González firmaba un hat trick para sentenciar o partido. Aínda así non estaba todo dito, xa que a falta dun minuto para o final do tempo regulamentario, de novo Kevin Lojo anotaba un gol para intentar empatar o partido. A pesar do esforzo do Sporting Lampón de anotar o terceiro, nada puideron facer no tempo de desconto, vendo como encaixaban a segunda derrota do curso.

Na seguinte xornada terán oportunidade de asaltar o liderado da liga. Enfrontaranse no campo da Mina en Escarabote ao Luaña, primeiro clasificado, no que semella será un partido máis que duro.

Pola súa parte, o Atlético Oleiros desprazarase ata Negreira para medirse ao Agrón, segundo clasificado con só dous puntos de vantaxe sobre eles.

Related posts

MANUEL PAREDES PARTICIPOU NO CAMPIONATO DO MUNDO DE RUTA QUE SE CELEBROU EN COPENHAGUE

CloudyX

O NOIA DEBUTOU NA PRIMEIRA AUTONÓMICA MASCULINA CON DERROTA

CloudyX

O LESENDE PECHOU A XORNADA COMO LÍDER DE GRUPO NA SEGUNDA FUTGAL

CloudyX