6 septiembre, 2026
Image default

O ALCALDE DE NOIA PERDE A CUESTIÓN DE CONFIANZA E ABRE O PRAZO PARA PROPOÑER UNHA MOCIÓN DE CENSURA

A cuestión de confianza no concello Noia rematou como pronosticaban as expectativas. Os votos favorables de PP e NOIA e os negativos de BNG, PSdeG, Marea e o grupo independente a corporación municipal non outorgou a súa confianza ao alcalde Santiago Freire. Ábrese agora un prazo dun mes no que se poderá propoñer un mandatario mediante unha moción de censura.

A rolda de intervencións abriuna o home de moda en Noia, Luis Alamancos. O responsable de chegar a esta situación na vila xustificou o seu voto negativo no pleno dos orzamentos nas irregularidades que a el lle pareceu ver na forma de proceder o partido. Afirmou que logo de pedir asesoramento a amigos do ámbito xudicial, prefiriu manterse dentro das marxes da legalidade.

Related posts

O CONCELLO DE NOIA INVESTIU ESTE ANO MEDIO MILLÓN DE EUROS EN ACTUACIÓNS DE SANEAMENTO

CloudyX

SANIDADE REFORZARÁ A ATENCIÓN ÁS ADICCIÓNS EN NOIA

CloudyX

NOIA VOLVERÁ CONVERTERSE NUN GRAN OBRADOIRO DE PINTURA AO AIRE LIBRE

CloudyX