O Cidade de Ribeira continúa a súa andadura pola Preferente Futgal nunha nova xornada, desta vez ante o Miño. Logo de perder a domicilio ante o Sofán por 3 a 1, os ribeirenses contarán co apoio do seu público para tentar achegarse á zona noble da táboa.
Actualmente oitavos clasificados con sete puntos, acumulan dúas vitorias, un empate e dúas derrotas en cinco xornadas, un balance ata o de agora positivo tendo en conta que é a súa segunda temporada na Preferente.
Con aspiracións de mirar cara arriba e non cara abaixo, o rival deste domingo non llo porá doado. O AD Miño visitará a Fieiteira como segundo clasificado con catro vitorias e un empate, 13 puntos e só tres goles en contra. Sétimos clasificados o ano pasado na Preferente, buscan este ano meterse na promoción de ascenso.
O Cidade de Ribeira buscará este domingo ás cinco da tarde facerlle fronte a un dos equipos máis duros da liga e colarse nos postos máis altos da clasificación.

