19 noviembre, 2026
Image default

LUNS ACCIDENTADO NO BARBANZA. UN CONDUTOR RESULTA FERIDO LEVE AO BATER O SEU TURISMO CUN POSTE E UN ALPENDRE ARDE POR COMPLETO NA POBRA DO CARAMIÑAL.

O Barbanza viveu un día intenso na actividade de emerxencias. En Ribeira, un home resultou ferido leve ao saír o seu coche da vía e bater cun poste de formigón. O accidente produciuse na recta de Salmón, na parroquia de Oleiros, en dirección Porto do Son. Ao parecer o home puido quedar durmido ao volante. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Policía Local, Garda Civil e Emerxencias Sanitarias, que trasladaron ao condutor ao hospital ao queixarse dunha dor no pescozo.

O outro incidente da xornada ocorreu na Pobra, onde ardeu por completo un alpendre en Poza de Moraña. O lume calcinouno totalmente. Foi un particular quen deu aviso ao 112 arredor das cinco da mañá. Descoñécense os motivos das lapas, xa que ao parecer non había ninguén no inmoble e non conta con suministro eléctrico. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e os equipos de extinción.

Related posts

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX

OS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPOOS EQUIPOS DE EMERXENCIAS DA COMARCA INCREMENTAN AS SÚAS SAÍDAS POLAS INCIDENCIAS REXISTRADAS CO ARRANQUE DO MAL TEMPO

CloudyX