Icono del sitio CanalBarbanza.com

LUNS ACCIDENTADO NO BARBANZA. UN CONDUTOR RESULTA FERIDO LEVE AO BATER O SEU TURISMO CUN POSTE E UN ALPENDRE ARDE POR COMPLETO NA POBRA DO CARAMIÑAL.

O Barbanza viveu un día intenso na actividade de emerxencias. En Ribeira, un home resultou ferido leve ao saír o seu coche da vía e bater cun poste de formigón. O accidente produciuse na recta de Salmón, na parroquia de Oleiros, en dirección Porto do Son. Ao parecer o home puido quedar durmido ao volante. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Policía Local, Garda Civil e Emerxencias Sanitarias, que trasladaron ao condutor ao hospital ao queixarse dunha dor no pescozo.

O outro incidente da xornada ocorreu na Pobra, onde ardeu por completo un alpendre en Poza de Moraña. O lume calcinouno totalmente. Foi un particular quen deu aviso ao 112 arredor das cinco da mañá. Descoñécense os motivos das lapas, xa que ao parecer non había ninguén no inmoble e non conta con suministro eléctrico. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e os equipos de extinción.

Salir de la versión móvil