Santo Ourente volveu acoller, como cada 29 de setembro, centos de fieis entregados ao San Campio. A busca de axuda para curar o mal cativo é a atracción desta romaría tan popular. Aínda que con tempo chuvioso, os fregueses non perderon a ocasión de acoder a Outes.
Comezou ás nove da mañá coa primeira das sete misas programadas do día, peor non foi ata a tarde cando se chegou ao maior número de asistentes. Foi tamén nese momento cando se formaron as maiores colas dentro do templo, onde moitas persoas tiveron que esperar para visitar a San Campio.
Aínda que co ritual como maior atractivo, moitos asistentes visitan a festa pola gran actividade lúdica nos seus arredores.