A delegada da Xunta na provincia da Coruña visitou hoxe o inicio das obras de mellora no firme da estrada AC 550 ao seu paso polo concello de Outes.
O obxectivo desta obra é rehabilitar a capa de rodaxe da estrada entre os puntos quilométricos 60,2 e 68. Para facelo é necesario o corte dun carril para dar tráfico alternativo polo outro. As labores de mellora terán unha duración de sete días laborais.