O verán está á volta da esquina, sen embargo os concellos aínda non saben se contarán ou non con socorristas nos seus areais. O Goberno local de Outes vén de amosar a súa preocupación pola tardanza da Xunta en publicar a convocatoria para a contratación dos socorristas por parte dos municipios.

