16 noviembre, 2026

A Xunta concede unha axuda de 114.000 euros aos Concellos do Barbanza para financiar o servizo de atención temperá a menores con necesidades especiais

A Xunta concede unha axuda de 114.000 euros aos Concellos do Barbanza para financiar o servizo de atención temperá a menores con necesidades especiais, o anuncio realizouno esta mañá o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, durante unha visita ó concello de Lousame

O delegado territorial de Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o Concello de Lousame e anunciou a concesión dunha axuda de Política Social que irá destinada ao financiamento do servizo de atención temperá de menores con necesidades especiais que funciona no municipio de Noia para atender a usuarios de Lousame, Porto do Son, Noia, Outes e Muros.
A subvención, incluída no marco da Rede Galega de Atención Temperá, suma 114.000 euros, e ten como finalidade a implantación de servizos de atención a menores de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que poden presentar os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.

Related posts

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX

MARÍA LAGO CARGA CONTRA OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CloudyX