Muros

Reciclar aceite no Mercado de Muros ten premio

O goberno local de Compromiso por Galicia muradán insiste na promoción do Mercado, nesta ocasión cunha actividade que ademáis promove a concienciación do coidado do Medio Ambiente e as actividades e instalacións culturais e deportivas do concello.

Esta nova actividade consiste nun concurso de recollida de aceite vexetal usado no que as persoas participantes teñen que levar ao Mercado o seu aceite vexetal usado e haberá tres premios para as tres persoas que máis aceite leven no período comprendido entre o 21 de novembro e o 30 de xaneiro de 2017.

https://www.youtube.com/watch?v=kzO7RwIIVrA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.