O TITULAR DO GOBERNO GALEGO ACOMPAÑADO POLA CONSELLEIRA DE INFRAESTRUCTURAS E MOBILIDADE VISITOU HOXE OS TRABALLOS DO PRIMEIRO TREITO DA AMPLIACIÓN DA AG-59
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe “o bo ritmo” das obras de ampliación da AG-59 que permitirá conectar Santiago de Compostela e A Estrada en só dez minutos a través dunha vía de altas prestacións sen peaxes.