18 noviembre, 2026
Image default

A DEPUTACIÓN DE A CORUÑA ADXUDICOU A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA DP-1105 QUE CONECTA OS MUNICIPIOS DE NOIA, LOUSAME E BOIRO

O pasado 30 de outubro o presidente provincial, Valentín González Formosa avanzou en Noia a intención de continuar coa renovación da estrada DP-1105 despois de completar a primeiro tramo de 5,5 kilómetros. Agora a deputación vén de adxudicar por 856.890 euros a execución da segunda fase do vial que conecta os municipios de Noia, Lousame e Boiro.

O pasado xoves formalizouse a sinatura do contrato coa adxudicatura e abriuse así o prazo dun mes para a firma da acta de traza de planta. Neste último acto fixarase xa a data de comezo das obras nas vindeiras semanas.

Os traballos suporán a renovación da plataforma da estrada mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor. Tamén se inclúe a roza das marxes, a apertura e limpeza de beiravías e cunetas, o pintado das marcas viarias, bordes e pasos de peóns e a renovación da sinalización horizontal.

Con esta nova actuación, a Deputación suma 1,5 millóns de euros de investimento para completar a mellora integral dunha estrada que Formoso definiu como “fundamental para a vertebración das comunicacións da comarca de Barbanza”.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX