Os seis activistas que o pasado mes de setembro levaron botellas con auga das minas de San Finx e do Touro á Cámara Oficial Mineira logo das declaracións que realizaron nas que afirmaban que eran inocuas e aptas para o consumo. Eses activistas foron onte a xuízo na Coruña por unha denuncia da entidade mineira por un presunto delito de coaccións. Representantes da organización ecoloxista, afirmaron que se trata dunha falsa acusación.