O presidente provincial, Valentí González Formoso acudiu onte ao concello de Outes para unha reunión co alcalde, Manuel González e o segundo tenente de alcalde, José Antonio Caamaño. Nesta reunión avanzoulles a disposición da deputación de executar a renovación do primeiro tramo da DP-3404 ou a coñecida rúa da Vila, situada no casco histórico de Outes.

