O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, participou onte na Coruña no “Encontro provincial das xornadas de deporte adaptado en centros educativos galegos” organizado pola Fundación Enki para escolares. Acompañado da conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, Rueda salientou o importante papel que xoga o deporte de cara a conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade.