Esta mañá o conselleiro de Educación en funcións, Román Rodríguez, visitou as instalacións do Colexio Público Integrado Cernadas de Castro, en Lousame. O titular do departamento educativo coñeceu de primeira man o resultado das obras que desenvolveu a Xunta e que tiveron un investimento próximo aos 600.000 euros.

