Os electrodomésticos e os produtos electrónicos deberán adaptarse cando entre en vigor a nova Lei de Consumo Sostible xa que deberá incluírse unha etiqueta na que se apuntará o índice de reparabilidade do artigo. Nel poderase ver se é fácil ou difícil reparalo. Este rótulo indicará como de sinxelo sería conseguir as pezas do electrodoméstico e tamén como de cara pode ser o seu arranxo en función do seu prezo. Unha medida que dende o sector se ve con dúbidas.

