Galicia

VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO DEIXA A SECRETARÍA XERAL DO PARTIDO SOCIALISTA EN GALICIA PARA DEIXAR A BESTEIRO COMO ÚNICO LÍDER

Os malos resultados do Partido Socialista de Galicia nas eleccións do 18 de febreiro están propiciando cambios firmes entre os membros que axilicen os procesos. Así pois Valentín González Formoso, secretario xeral do PsdG, da un paso ao lado para rematar coa bicefalía e según el aportarlle a Besteiro estabilidade e confianza.

Formoso xa amosara un apoio firme ao que foi o candidato á presidencia da Xunta de Galicia renunciando a este posto e evitando así as primarias de outubro do pasado ano. O xa exsecretario xeral do partido asegurou que isto non se trata de personificar, senón en facer o mellor para a formación. E pese a poder manter o seu mandato de maneira ordinaria ata decembro de 2025 decideu que non fora así.
Os postos que si mantén son a presidencia da Deputación da Coruña da que leva facéndose cargo desde o ano 2015, renovando no 2019 e no 2023. E o posto de alcalde do concello de As Pontes, onde goberna desde o ano 2007, primeiro en minoría e desde 2011por maioría absoluta.
O novo calendario do relevo anunciarase este sábado nunha reunión en Santiago de Compostela do comité nacional do PSdG.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.