Noia

O VENRES TIVO LUGAR O PECHE DE ENTROIDO PARA OS NOIESES CO SEU TRADICIONAL DESFILE PARIS DAKAR

Corenta e tres inscritos no desfile París Dakar de Noia deste ano entre tódalas categorías, entre os que había 17 comparsas, algunha con ata 45 integrantes. Isto pode axudar a facer unha idea da magnitude deste encontro que tamén tivo un gran público durante todo o percorrido desde Labarta ata a Alameda.

Esta cita, unha das máis esperadas do entroido barbanzano celebrouse na tarde noite do venres e deu por finalizada a celebración deste ano. Mais a despedidad foi por todo o alto, música, moitos bailes e espectáculos de todo tipo que os participantes levaban ensaiando durante un ano.

E todo ese esforzo tivo unha maior recompensa para os gañadores de este ano. Que según o xurado foron moi difíciles de decidir debido ao gran nivel, a orixinalidade de todos e o traballo que sabían que había detrás. Aínda así conseguiron poñerse de acordo e os gañadores foron. Na categoría individual Embaixador das AR, na de parellas Fantasía Oriental, na de grupos O Camiño da Auga e por último na categoría de comparsa a vitoria foi local para Entre flores anda o conto. A maiores entregáronse tres mencións especiais, un premio especial simpatía e o Máis Choqueiro.

Dase por finlizado así o entroio en Noia e comeza outro ano para pensar e elaborar os disfraces da seguinte edición.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.