Esta mañá o Goberno galego celebrou un novo Consello da Xunta no que se aprobaron diversas iniciativas. Unha das máis destacadas foi o avance para o Plan de atención domiciliaria en atención primaria 2024-2025 para potenciar e consolidar este servizo nos pacientes que non poden desprazarse de forma habitual ao centro médico.

