Cando o Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira estaba en proceso de restauración o vicepresidente da deputación de A Coruña visitou as instalacións. Agora coa obra finalizada quixo visitalo de novo e felicitar e agradecer ao concello o seu traballo en canto ao turismo. Mais tamén quixo trasladar ao alcalde e a representantes do sector a intención de levar o espazo á feira de turismo industrial de barcelona.

