Os meses de xaneiro e febreiro son sempre complicados para o cerco galego. A falta de campañas abertas e a escaseza de cota de xurelo impiden que haxa moita actividade vencellada a este segmento da flota. A costeira da anchoa está a piques de iniciarse, sen embargo non todos os cerqueiros poderán ir ao Cantábrico a capturar esta especie.

