Soamente un de cada dez traballadores do mar ten menos de 30 anos, un dato que fai saltar as alarmas nun sector esencial para a prosperidade dun territorio. E non so iso, senón que non hai avisos a medio prazo de relevo xeracional. Estos dous datos en conxunto representan polo tanto unha ameaza para a supervivencia do sector e a modernización. José Blanco da asociación ACERGA asegura que non hai xente mais ten claro cal é un dos motivos principais.

