A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que a partir do vindeiro xoves 8 de febreiro xa se van poder solicitar as axudas do programa Galicia Renova Electrodomésticos. Achegas ás que a Xunta destina un orzamento de 2,2 M€ coa intención de que se beneficien ata 14.000 fogares galegos.

