Esta mañá o Palacio da Oliva acolleu a gala na que se entregou o Premio ao Emprendedor do Ano a José Enrique Pereira, presidente do Grupo Pereira, concedido pola consultora Ernst & Young. O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acudiu ao acto de entrega onde destacou o labor desta firma asentada en Vigo.