A Feira Internacional do Turismo vive dende hoxe unha nova edición onde hai máis de 8.500 empresas expositoras, entre elas dous con selo barbanzán: a Mancomunidade Barbanza Arousa e a Ría da Estrela-Ría de Muros e Noia. As dúas presentarán as súas propostas turísticas para amosar o destino aos máis de 50 mil visitantes que se agardan no IFEMA de Madrid.

