“Nunca máis”. Este lema que se berrou nas rúas hai case 22 anos volveu a bramarse onte en Santiago para defender a pesca e o marisqueo galegos. Miles de persoas acudiron á convocatoria de manifestación realizada polos colectivos PDRA e Plademar Muros-Noia para defender o mar. Chamamento secundado por centenares de colectivos do sector, ecoloxistas e organizacións culturais. Unha concentración que se desenvolveu con tranquilidade polas rúas compostelás partindo da alameda para finalizar na praza do Obradoiro.

