O valor dos produtos do mar soe variar dependendo da época do ano e da cantidade que se pesque. Sen embargo sempre hai diferenzas entre o prezo de venda nas lonxas e ao que o merca o consumidor final nos supermercados. As confrarías reuníronse a semana pasada cos presidentes destas superficies a nivel nacional e tamén europeo para afondar nesta cuestión que alarma ao sector xa que o valor polo que vende o produto é menor.

