O que puido ser, pero aínda non é. O faro de Corrubedo ía albergar un complexo hoteleiro repartido nas cinco edificacións que o compoñen pero dende o 2018 ata hoxe non houbo moitos avances. Agora mesmo estanse a negociar diferentes trámites administrativos e burocráticos para que este proxecto sexa unha realidade neste 2024.

