Este mércores o Pazo de Goiáns acollerá unha nova estrea. Neste caso trátase do traballo videográfico promovido pola Mancomunidade Barbanza Arousa para seguir dando a coñecer o destino no que se afonda nun dos piares de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo: a conserva. O mércores ás 18.30 horas preséntase ao público o documental “Voces da Conserva”.

